Biografía | |
---|---|
Nacemento | 614 (Gregoriano) Inglaterra |
Morte | 17 de novembro de 680 (Gregoriano) (65/66 anos) Abadía de Whitby |
Abadesa | |
Datos persoais | |
Residencia | Abadía de Whitby |
País de nacionalidade | Reino de Deira |
Relixión | Cristián |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Lingua | Lingua inglesa |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 17 de novembro |
Familia | |
Pai | Hereric (en) |
Irmáns | Hereswith (en) |
Hilda de Whitby, nada no 614 en Northumbria e morta o 17 de novembro de 680 en Whitby, foi unha santa cristiá e abadesa e fundadora do mosteiro de Whitby. Filla de Hereric, sobriño de Edwin de Northumbria, viviu durante unha época importante para o cristianismo na Bretaña. Foi unha muller de bastante influencia, vista como unha gran educadora e coñecedora das Escrituras, tamén destacou na xerencia de mosteiros, e a ela ían reis, raíñas, príncipes, monxes, e santos, a pedir consello. Baixo o seu goberno do mosteiro de Whitby, produciuse o Sínodo de Whitby, no cal os cristiáns de Inglaterra decidiron someterse á Igrexa de Roma.
A principal fonte de información sobre Hilda é a Historia ecclesiastica gentis Anglorum (Historia eclesiástica do pobo dos anglos) escrita por Beda o Venerable en 731, que naceu aproximadamente oito anos antes da morte de Hilda, e documentou gran parte da conversión cristiá dos anglosaxóns.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search